Presentación da "Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego"

Eventos
11/18/2022
11/18/2022
18/11/2022

Presentación da "Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego"

. A presentación correrá a cargo da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana Somoza.

- A conselleira estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano López.

A presentación está dirixida a todos aqueles que estean a pensar en volver á súa terra, ou teñan interese en coñecer as posibilidades que habería, para iniciarse nunha actividade empresarial en Galicia, unha terra acolledora e chea de oportunidades. 

En 2023 potenciarase como nunca antes o emprendemento. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que conta cunha nova Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, aposta de maneira decidida polas políticas de emprendemento e pola mellora da coordinación de todos os recursos existentes a nivel autonómico.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Mª Jesús Lorenzana Somoza, acompañada pola directora xeral de Emprendemento, Margarita Ardao Rodríguez, achegarán información moi valiosa e veraz, co fin de informar os asistentes de que apoios ofrece o Goberno galego e a cales deses apoios pódense acoller. 

Para máis información: https://polosemprendemento.gal/

18 Novembro 2022
Eventos