Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
Intervirán ademais dos autores, o xornalista e escritor Alfonso Armada. Ademais o acto contará coa presenza do Excmo. Sr. Embaixador de Portugal, João Mira Gomes.
Vinte escritores e vinte ilustradores comparten o seu Lisboa secreta, nostálxica, imaxinaria, histórica, perdida, subterránea, a súa Lisboa sucia ou utópica. A través das historias da GUÍA LER E VER, o lector, xa sexa turista ou habitante temporal, visitante curioso ou lisboeta de toda a vida, poderá percorrer os itinerarios máis inesperados de Lisboa e coñecer todas esas cidades diferentes que habitamos no noso día a día, sempre…
A historia do que hoxe son tan só ruínas volve á vida da man do novelista Juan Fariña, que en "O que foi" recupera personaxes, diálogos e acentos daquelas casas, daqueles veciños, daquel tempo pasado que nestas páxinas regresa ao presenta a través dun fillo de galegos retornado á terra.
Con esta novela o autor quere transmitir como a avaricia humana xera moito máis dano do beneficio que vai xerar. E ese beneficio non redunda en favor da sociedade xa que embalsar cincuenta quilómetros de río prexudicou gravemente á economía, historia e a unha sociedade que saltou polo aire. Juan Fariña…
Intervirán no acto de inauguración: Juan Carlos Serrano López, director da Casa de Galicia en Madrid; Maximino Zumalave, director asociado da RFG e Académico da Real Academia Galega de Belas Artes; Román Padín Otero, doutor en Arte Contemporánea e conservador do gardarroupa de concerto de Teresa Berganza; e a familia de Teresa Berganza.
A exposición poderá visitarse ata o venres, 28 de abril, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
Tal e como manifesta Román Padín no prólogo do catálogo desta exposición, a mezzosoprano Teresa Berganza (Madrid 1933-El…
Miguel Núñez, que conta cunha traxectoria de máis de 25 anos, preséntanos unha mostra moi ampla de pezas, coa que establece un diálogo entre materias, a madeira e o metal, para confluír nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura.
MIGUEL NÚÑEZ é un artista multidisciplinar. O seu interese pola arte comezou hai 27 anos, como creador, esculpiendo en granito así como en madeira. Durante anos foi asimilando, de modo autodidacta, o desempeño en distintas técnicas tanto de escultura como pintura Inspirándose en diferentes traballos e…
A autora estará acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luís Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez.
A novela conta a historia dunha jovencita foi maltratada, desde nena, sistematicamente polo seu pai. Cando o vaso cólmase, ela rompe os lazos que lle unen ao seu cárcere da dor e marcha en busca dunhas migallas de felicidade. Foxe pola montaña agreste en busca do camiño que a levaría a Madrid. No traxecto tropeza con múltiples obstáculos. Na viaxe atoparase co seu anxo da garda e tamén…
No acto de presentación do libro, acompañará ao autor, Alejandro Robledillo, escritor e traballador social.
"Crónica de un gallego en Israel", é o relato dunha viaxe por unha terra milenaria co corazón tan aberto como os ollos, para descubrir os recunchos e misterios dunha cultura que desexa ser abrazada, querida e recoñecida moito máis alá dos prexuízos.
Pablo Veiga, diplomado en Traballo Social e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce profesionalmente como traballador social nos servizos sociais municipais.
A súa afección pola escritura e pola…
“Cuentos Nuevos de Mondariz” é o terceiro libro da autora, experta en comunicación e liderado, cunha traxectoria directiva de máis de 20 anos en distintas organizacións. Nel recolle dez contos moi actuais baseados en persoas, imaxinarias ou reais, que habitan ou habitaron a “Moi Hospitalaria Villa”, título concedido por Alfonso XIII a Mondariz-Balneario.
Unha parte da cultura de Galicia está nestes dez relatos, cheos de humor pero tamén de amor e nalgún caso de algo próximo ao terror. Nestes contos está a retranca, o particular realismo máxico galego, están certos costumes, o viño e a…
A celebración desta feira, na que cada ano participan numerosos queseros e panadeiros, reúne por centos de persoas que se achegan ao recinto co fin de adquirir estes deliciosos produtos de gran calidade, chegando a esgotar as súas existencias; máis de dez mil pezas de queixo, entre frescos e curados, e máis de tres mil pezas de pan chéganse a expoñer na feira.
Na presentación da Feira, que xa vai polo seu vixésimo novena edición, intervirá o alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez.
Finalizada a presentación terá lugar unha degustación gastronómica do queixo con D.Ou. Arzúa - Ulloa e do…
Esta pintora, natural de Muros, preséntanos unha obra que está definida pola cor, máis que pola forma. Trátase dunha colección de 12 pezas presentadas baixo o título “Salitre”, un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza nesa excepcionalidade pictórica de Amalia: a artista constrúe unha pintura que non necesita de moitas explicacións para ser absorbida como experiencia sensorial abafadora, unha ‘fascinación’ entre visual e táctil.
A mostra poderá visitarse ata o 31 de marzo en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
"Salitre" fala…
O autor, que é poeta, videoartista, creador de espectáculos nos que aúa poesía, artes plásticas, circo, ballets... presenta o seu novo libro de poemas editado por Ars Poética. Estará acompañado polo director da colección, Ilia Galán e os xornalistas Pedro Mansilla e Jaime Vicente Echagüe.
As obra de Antonino Nieto víronse no MNCARS, o IVAM, en festivais de Alemaña, España e Portugal, en diversas universidades, foros culturais... É colaborador habitual en diferentes programas de radio, revitas culturais e libros colectivos. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron…