Presentación do poemario "El pulgar de la alegría", de ANTONINO NIETO
O autor, que é poeta, videoartista, creador de espectáculos nos que aúa poesía, artes plásticas, circo, ballets... presenta o seu novo libro de poemas editado por Ars Poética. Estará acompañado polo director da colección, Ilia Galán e os xornalistas Pedro Mansilla e Jaime Vicente Echagüe.
As obra de Antonino Nieto víronse no MNCARS, o IVAM, en festivais de Alemaña, España e Portugal, en diversas universidades, foros culturais... É colaborador habitual en diferentes programas de radio, revitas culturais e libros colectivos. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron traducidos ao inglés, ruso, alemán, italiano e galego. A profesora Pilar Úcar Ventura, da Universidade Pontificia de Comillas, publicou no ano 2021 un libro estudo "Antonino N. R. selección e edición crítica da obra poética" sobre a súa obra, o cal é manual para os seus alumnos na devandita Universidade. É creador e interpreta o concerto-ritual "Contrario ás agullas do reloxo", concerto-ritual que no outono de 2021 leva por diferentes cemiterios da xeografía española.