Presentación do libro "Crónica de un gallego en Israel", de PABLO VEIGA
No acto de presentación do libro, acompañará ao autor, Alejandro Robledillo, escritor e traballador social.
"Crónica de un gallego en Israel", é o relato dunha viaxe por unha terra milenaria co corazón tan aberto como os ollos, para descubrir os recunchos e misterios dunha cultura que desexa ser abrazada, querida e recoñecida moito máis alá dos prexuízos.
Pablo Veiga, diplomado en Traballo Social e licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce profesionalmente como traballador social nos servizos sociais municipais.
A súa afección pola escritura e pola creación literaria derivou en colaboracións como articulista para medios locais e outras publicacións vinculadas aos servizos sociais. Escribiu ademais numerosos relatos que mereceron recoñecidos e prestixiosos premios, participa no proxecto literario Emcreativo, fomentado pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) e, recentemente, publicou a súa primeira novela "A Marcha de Anxo" (2020).
O seu espírito viaxeiro e inconformista, unido ao seu compromiso social, levoulle a participar en proxectos de cooperación internacional en países como Cuba, Brasil ou Mozambique.
En setembro de 2010 percorreu Israel, ese país descoñecido e estigmatizado. Nesa viaxe xestouse a súa colaboración co semanario Aurora, publicación en lingua española con sede en Tel Aviv que xurdiu nos anos cincuenta para informar á comunidade xudía hispanoparlante, tanto de Israel como do resto do mundo. En Aurora Pablo Veiga escribe a columna "De Compostela a Ierushalaim", en cuxos artigos trata de contrarrestar a opinión maioritaria e a miúdo intencionadamente nesgada e parcial que sobre o país proxéctase en España.
Daquela experiencia viaxeira nace "Diario de un gallego en Israel", onde o autor narra en primeira persoa as sensacións das súas vivencias ao longo e ancho deste pequeno pero apaixonante e incrible país.