Presentación do poemario "La luz pensativa", de JOSÉ CEREIJO

Eventos
01/17/2022
01/17/2022
17/01/2022

Presentación do poemario "La luz pensativa", de JOSÉ CEREIJO

Durante a presentación do libro acompañarán ao autor, Sergio Suárez Blanco, en representación da Editorial  Pre-Textos e o poeta Javier Lostalé.
 

JOSÉ CEREIJO naceu en Redondela (Pontevedra), en 1957. Desde 1968 vive en Madrid. Publicou ata a data cinco libros de poesía: "Límites" (Colección Melibea, 1994); "Las trampas del tiempo" (Hiperión, 1999); "La amistad silenciosa de la luna, haikus" (Pre-Textos, 2003); "Música para sueños" (Pre-Textos, 2007), e "Los dones del otoño" (Pre-Textos, 2015), e un de relatos "Apariencias" (Renacimiento, 2005).
Foi incluído en diversas antoloxías. Colabora en distintos medios de prensa, tanto escrita como electrónica, nos que publicou artigos, recensións de libros e outros textos literarios.

É tamén autor dunha antoloxía da poesía de Leopoldo Panero, titulada "Memoria del corazón" (Renacimiento, 2009), outra da de Javier Lostalé, "Azul relente" (Renacimiento, 2014) e unha terceira da de Mario Míguez, "Difícil es el alba" (Renacimiento, 2018); na mesma editorial apareceu, en 2017, unha antoloxía dos seus propios poemas, "Árbol desnudo", preparada por Javier Lostalé. En 2018 publicáronse, tamén en Renacimiento, unha selección de artigos, de tema literario e artístico, titulada "El escalón vacío y otras consideraciones". Tamén está prevista para publicarse, en Polibea e en breve prazo, unha selección das súas recensións de libros, titulada "Lecturas de riesgo".

Publicou así mesmo unha tradución das "Odas", de Keats (Polibea, 2016); e, en colaboración con María Taibo, outra dunha selección da poesía de Emily Dickinson, titulada "Carta al mundo" (Renacimiento, 2016). Mostras do seu traballo apareceron en distintas linguas europeas e doutros lugares. Desde 2017 é membro da Academia de Xograres de Fontiveros.  

17 Xaneiro 2022
Eventos
Imaxes