Presentación da antoloxía poética "EL CAMINO DE LAS ESTRELLAS"/"EL CAMÍ DELS ESTELS"/"O CAMIÑO DAS ESTRELAS" coordinado polo Centro Galego de Valencia

Eventos
01/24/2023
01/24/2023
24/01/2023

Presentación da antoloxía poética "EL CAMINO DE LAS ESTRELLAS"/"EL CAMÍ DELS ESTELS"/"O CAMIÑO DAS ESTRELAS" coordinado polo Centro Galego de Valencia

 

Esta antoloxía trilingüe (castelán, galego e catalán ou valenciano) de poesía xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidarnos a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida.

Todos os poemas falan  do que supón para o peregrino esta significativa experiencia. Cada poeta ou artista plástico tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade.

O proxecto foi apoiado  pola a Xunta de Galicia Xacobeo 2021-2022,e o prólogo correu a cargo de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, quen nos convida nel a realizar o Camiño de Santiago no que sabe que será toda unha experiencia inesquecible. O mesmo fai María Ángeles Fernández, Fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana, asociación sen ánimo de lucro que nos convida a saber máis sobre o Camiño de Levante e a que emprendamos a súa marcha desde a Comunidade Valenciana.

Respecto ás imaxes que adornan esta antoloxía, foron realizadas con esmero por diferentes deseñadores gráficos, pintores e fotógrafos, de recoñecido prestixio, utilizando técnicas ás veces mixtas moi variadas e rechamantes.

O acto será presentado polo poeta Antonino Nieto Rodríguez; a editora Lida López Miguel; e o presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes.

Tras a presentación, intervirá brevemente o pintor Antón Lamazares; e comezará un recital por parte dos poetas Ana Mª Gómez Pavón, Gloria de Froitos, Inma Marcos, Izase Batres, Mila Villanueva, Olga Patiño Nogueira e a actriz, Julia Cerdeiriña, acompañados polas voces de Tania Ruzs e Kevina Kull e polo piano de Sergio Kuhlmann.
 

24 Xaneiro 2023
Eventos
Imaxes