Presentación da novela "GALICIAN STORIES", de Silvia de Pablos
Galaico-madrileña afincada nas Rías Baixas, Silvia de Pablos presenta a súa novela "Galician Stories", unha novela de misterio que fará que o lector vexa Galicia con outros ollos.
Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en estrañas circunstancias e implícase, case sen querer, en enigmáticos fenómenos. Os incomparables marcos naturais do mar e do rural galego son o escenario desta obra de suspense e feitos paranormales.
Silvia de Pablos é economista de profesión, pero encamiñou a súa carreira cara á docencia e a escritura. Por outra banda, tamén é afeccionada á arte, á historia e ao xénero literario co que se estrea como autora: o suspense.