Presentación do libro "4 MULLERES DE PALABRA: ROSALÍA DE CASTRO, CONCEPCIÓN ARENAL, EMILIA PARDO BAZÁN E SOFÍA CASANOVA", coordinado por Marcelino Agís Villaverde

Eventos
01/23/2023
01/23/2023
23/01/2023

Presentación do libro "4 MULLERES DE PALABRA: ROSALÍA DE CASTRO, CONCEPCIÓN ARENAL, EMILIA PARDO BAZÁN E SOFÍA CASANOVA", coordinado por Marcelino Agís Villaverde

Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova conforman unha nova xeración de escritoras que conquistou unha destacada posición no ámbito da literatura, do pensamento feminista e da conciencia social en favor dun mundo mellor que o que herdaran. Mostraron unha enorme sensibilidade cara aos sectores máis vulnerables da sociedade, tentando cambiar esta realidade. As catro tiveron unha consideración especial cara á situción da muller, tentando que a perspectiva feminina fose coñecida e respectada. 

A través deste ensaio, o autor pretende dar a coñecer a estas catro mulleres nadas en Galicia e que acharon en Madrid horizontes formativos, sociais e culturais, antes de que cada unha delas alzase e voo en busca do seu propio destino.

O libro está estruturado en catro partes, dedicadas a cada unha das autoras, ás que se engade un epílogo que ofrece unha visión panorámica do contexto histórico nun sentido amplo.
 

23 Xaneiro 2023
Eventos
Imaxes