Presentación do libro "BOSQUESANTO", de Silvia Rodríguez Coladas

Eventos
05/19/2022
05/19/2022
19/05/2022

Presentación do libro "BOSQUESANTO", de Silvia Rodríguez Coladas

Trátase da primeira novela de Silvia Rodríguez, que se enmarca no xénero negro con tinguiduras costumistas, impregnada dun sarcástico sentido do humor que nos introduce no rural, coas súas peculiares tradicións e estilo de vida, e se interna na cabeza dun homicida cargado de reivindicacións ecoloxistas e sustentables.

No acto de presentación a escritora estará acompañada por María de Meer, xornalista; Maica Rivera, xornalista e directora de Getafe negro; e Luis Muiño, psicólogo, divulgador e podcaster de "Entende tu mente".

A novela conta como na pequena localidade de Bosquesanto, ao norte do país, desaparece inexplicablemente Eladio, un dos seus veciños máis odiados. Tras este suceso, a Garda Civil acomete unha investigación, que se complica máis da conta cando xorden novos e terribles acontecementos que quebrantan a aparente paz comunal. De forma paralela, o causante dos mesmos —un misterioso asasino, de personalidade atípica e carácter inestable—, reflexiona no seu foro interno acerca da xustificación da súa proceder en aras do ben común, a ecoloxía, a xustiza e a sustentabilidade. As forzas vivas do pobo e as que non o son, nin case xa están vivas, tentan soportar a situación como poden e, mesmo, sacar proveito dela a pesar de sentir esa ameaza constante, á que empezan a habituarse.

Silvia R. Coladas (Pontedeume, 1970) é codirectora do xardín botánico de Excelencia Internacional do Pazo da Saleta, colaboradora na revista LOmagazine, sección “Con ESTILO” e na revista Literarte, sección “El Anticuario de Palabras”. Licenciada en Dereito, dedicouse ao mesmo durante máis dunha década entre Galicia e Madrid. En 2003 empezou a traballar como xefa de prensa na editorial madrileña La Factoría de Ideas onde estivo dez anos. Durante ese tempo creo o seu alter ego “Sylvie Tartán” protagonista do blogue de estilo de vida “El Purgatorio de Sylvie Tartán”, sendo contratada por Citroën España para escribir a columna quincenal titulada “Ellos me ponen” sobre o mundo do motor. Desde 2014 ata 2020 dirixiu o certame de poesía a nivel nacional “Nuestra Musa, la camelia”. Formou parte do equipo de comunicación e prensa da Feira do Libro de Madrid na súa edición de 2021. Nese mesmo ano saíu á luz o seu relato “Dulce Amor” no libro “Pil-pil y lacón con grelos” de varios autores vascos e galegos. 
 

19 Maio 2022
Eventos
Imaxes