Presentación do libro "CONTOS DA BEIRAMAR", de Fernando A. Fernández Domonte

Eventos
05/17/2022
05/17/2022
17/05/2022

Presentación do libro "CONTOS DA BEIRAMAR", de Fernando A. Fernández Domonte

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o autor, acompañado polo editor, Xabier Romero, dará a coñecer a súa obra, publicada pola Editorial Elvira, conversando sobre os relatos instrutivos e reveladores que a compoñen.

Contos da beiramar reúne catorce relatos onde a ficción e realidade se mesturan como envoltas pola mesma onda. Haberá quen dean por certos moitos dos feitos que neles se narran, mentres que sobre outros pensarán que non son máis que produto da imaxinación do autor. Pero podería ser xustamente ao revés. Porque ficción e realidade fanse mutuos préstamos para poñer diante dos ollos do lector vivencias cotiás ou singulares episodios protagonizados por mariscadoras, mariñeiros, funcionarios, persoal das confrarías de pescadores e ata algún carguito, taberneiro ou pescador furtivo, por veces sorprendentes. Cousas que pasaron e pasan na beiramar, contadas con desenfado e certo agarimo, onde a retranca popular non deixa de ser un persoeiro máis. Uns relatos que, ademais de recrearse coa lectura e coñecer dende dentro anacos do mundo do mar, permiten xogar ás adiviñas.


 

17 Maio 2022
Eventos
Imaxes