"HOMENAXE DA GALEGUIDADE"

Eventos
01/30/2023
01/30/2023
30/01/2023

"HOMENAXE DA GALEGUIDADE"

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid organiza un acto "Homenaxe da galeguidade" en memoria de D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; D. Ovidio Cadenas Queipo, presidente de FAGAMA e da Xuntanza de Galegos en Alcobendas; e D. Miguel Romay Graña, presidente do Centro Galego da Serra de Madrid e vicepresidente de FAGAMA.

Participarán no acto: o director da Casa de Galicia, Juan Serrano; o presidente de FAGAMA, Horacio Rico; o xornalista, Fernando Ónega; o fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Troncoso de Castro; e Ana Romay, irmá de Miguel Romay.

A homenaxe pecharase coa intervención de Andrés Ramos Castro, capelán das colectividades galegas en Madrid.

30 Xaneiro 2023
Eventos