Presentación dos libros "La nueva dirección de personas", de Jose Mª Gasalla e "Nadalízate", de Juan Carlos Cubeiro

Eventos
09/19/2023
09/19/2023
19/09/2023

Presentación dos libros "La nueva dirección de personas", de Jose Mª Gasalla e "Nadalízate", de Juan Carlos Cubeiro

José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School, é enxeñeiro aeronáutico e Doutor en C. Económicas e Empresariais. É autor de moi diversas publicacións entre as que destacan os libros: "Márketing para la formación de Directivos”, “La dirección y desarrollo de personas”, “Confianza. La clave del éxito personal y empresarial”, “Quien lidera confía”, “Asunto: Confianza y Compromiso”, “Ganar Confianza: Coaching para un adolescente”, “El nuevo Liderazgo” e “Empréndela contigo mismo desde la confianza”.

O libro que presenta na Casa de Galicia en Madrid, "La nueva dirección de personas", é unha nova edición na que se reforzaron as áreas de liderado, confianza e felicidade, incorporando novos aspectos investigados. Cada vez máis as organizacións en xeral e as empresas en particular necesitan profesionais comprometidos. E ese compromiso vai máis aló da achega dunhas competencias técnicas. Solicítase unha achega máis integral do individuo. Está a chegar o momento de falar de persoas, respectar ao traballador como persoa, procurar o desenvolvemento integral de persoas. O autor pregúntase se segue sendo utópico falar de confianza e felicidade na empresa. A resposta atopámola en que agora fai trinta anos, cando naceu a primeira edición deste libro, falar de persoas parecía unha utopía. Só existían os denominados «Recursos Humanos» e agora a realidade esixe persoas comprometidas.

Por outra banda, Juan Carlos Cubeiro presenta o seu libro "Nadalízate". Rafael Nadal é un dos mellores deportistas da historia. Admirado pola súa mentalidade, capacidade de sacrificio, liderado e superación, converteuse nunha inspiración para profesionais, non só do deporte, senón tamén doutros ámbitos. O autor tratará de responder as preguntas acerca de onde reside a clave do seu éxito; que podemos aprender del e se son aplicables as súas estratexias e tácticas no mundo empresarial

Juan Carlos Cubeiro Villar é un dos maiores expertos en talento, liderado e coaching do noso país, e xunto á catedrática en Xestión Deportiva Leonor Gallardo publicaron esta obra a medio camiño entre a análise profunda da fórmula para o éxito deportivo e un manual de superación. E todo iso, centrado na figura do gran deportista do noso tempo, Rafa Nadal, cuxo palmarés non necesita presentación.

"Nadalízate" é, por tanto, un achegamento vital ás rutinas do mellor tenista español da época. Unha aproximación aos seus métodos e conviccións co obxectivo de interiorizarlos e sacar o mellor de nós e nós mesmos. Non se trata dun libro de autoaxuda senón de aprendizaxe.
 

19 Setembro 2023
Eventos
Participantes
José Mº Gasalla, autor do libro
Juan Carlos Cubeiro, autor do libro
Imaxes