Hoxe

--
fotos-web-nueva-44_0
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición aMAR, xentes do mar de Portosín. Unha colección de imaxes de Lorena do Merlo, que amosa o día a día dos traballadores da confraría de pescadores de Portosín.“Hai lugares onde o mar non é só horizonte, senón memoria, identidade e sustento. Portos como o de Portosín gardan historias que se contan entre redes, amenceres e mans salgadas.”, Lorena de…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

Unha charla amena e moi persoal repleta de experiencias e anécdotas sobre o Camiño de Santiago vista desde a perspectiva do hospitalero e peregrino veterano, Goyo González.Esta conferencia é complementaria á exposición de fotografía 'Camiño de Santiago francés en 360º' que se acaba de inaugurar o 4 de setembro e que se poderá visitar ata o día 30 na Casa de Galicia. 
Nesta ocasión intervirán no recital, ademais de Antonino Nieto, en calidade de presentador e coordinador do ciclo, os poetas Carmen Martínez Coello e Luis Celeiro; na parte musical Calos Nieto (música galega), Liliana Mestizo (soprano) e Amara Sahara (bailarina); na creación de obra en vivo, a pintora Constanza López Schlichting. 
Goyo González presenta un percorrido fotográfico polo Camiño francés a Santiago con imaxes en 360º. Son en total 36 instantáneas que se poden visitar nas Salas Álvaro Cunqueiro e Camilo José Cela ata o 30 de setembro.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o próximo 10 de setembro a presentación da nova colección de Coconutscankill, a marca da nova deseñadora galega Amara Caruncho. A súa proposta está inspirada na patronaxe e nas técnicas construtivas do traxe rexional de Galicia.Vangarda e tradición danse a man na colección 'Sobremesa', unha homenaxe á foliada galega, un  festexo improvisado que se celebra ao redor dunha mesa despois dunha boa comida.  A pesar da súa mocidade, Amara Caruncho ten unha ampla traxectoria no mundo da moda. Foi gañadora da quinta edición do Allianz Ego Confidence in…
Proxección do documental "Primeira pererinación a Santiago de Compostela en tractor de época". Encontro de museos relacionados coa arqueoloxía industrial agraria e as súas asociacións de amigos, titulada "Old Times, tractor meeting", coa intervención de Joan Artigas e José Luis Horcajo.Presentación da publicación "Alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas", pola presidenta de MUVICLA e doutora enxeñeira agrónoma, María José Bande Castro, investigadora do CIAM.Conferencia sobre o proxecto "Agricolae Mundi", por Miguel Agulló Velasco.Actuacion musical de percusión e gaita, por…
"Territorio e agricultura, aprendendo do pasado, mirando ao futuro", por Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo, investigador do "Laboratorio do Territorio", da Universidade de Santiago de Compostela."O glamour é do máis rural que hai", por Brais Vázquez Bande, estudante de terceiro curso de Enxeñería Agrícola na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo."Da escola á granxa", aposta polo futuro do rural desde a educación infantil e primaria", por Carlos A. Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo. 
A través desta obra Carlos Lema recolle as presentacións que, como presidente de IURISGAMA, tivo a oportunidade de efectuar nos actos de concesión dos Premios Montero Ríos, que se outorgan desde o ano 1995 a un xurista galego que consagrase a súa vida ao mundo do Dereito.O libro, patrocinado polo Parlamento de Galicia, foi prologado polo seu presidente, Miguel Santalices Vieira, que destaca o merecido desta iniciativa  ao honrar a memoria de xuristas ilustres que alcanzaron a excelencia facendo gala da súa condición de galegos e por convidarnos a recoñecer o papel fundamental do dereito…
Coincidindo co 5º aniversario de Muvicla (Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria) e co 25 aniversario da produción certificada en ecolóxico da Casa de Vázquez (berce do museo), inaugúrase na Casa de Galicia a mostra "Coidamos da terra. Coidamos da xente", que pretende poñer en valor o campo desde un proxecto de desenvolvemento rural de Galicia, e durante todo o mes de xullo en Madrid para o mundo.Galicia é terra fértil, onde a xente, o territorio e a cultura fúndense nunha harmonía de valores, cuxo resultado é unha forma de ver o mundo audaz e sosegada, sen perder de vista a…
Unha novela histórica e ensaio de investigación que, tendo como fío condutor o Camiño de Santiago, narra a enorme importancia de dous eventos históricos ocorridos en España. El Paso Honroso, de Soro de Quiñones, e a batalla das Navas de Tolosa, de Alfonso VIII. Como ese evento de cabalería do século XV e esa batalla ocorrida en 1212, foron dúas grandes xestas con implicacións internacionais que desencadearon sucesos non contados ata a data.  En palabras de César García Álvarez, autor do prólogo á segunda edición: "Estamos ante un relato inclasificable, apaixonante e diferente, en suma,…
A tradición panadeira de San Cristovo de Cea está ligada á historia do Mosteiro Cisterciense de Santa Maria A Real de Oseira. Desde o século XIII, a "Vila do bo Pan" é referente da panadería na provincia e mesmo en toda Galicia e segue sendo a principal actividade agroindustrial deste municipio. Ademais, o Pan de Cea foi o primeiro en obter o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IGP) de Pan de toda Europa, no ano 2005. Os primeiros domingos de xullo desde o ano 1991, celébrase no Campo da Saleta de Cea, a festa de Exaltación do Pan de Cea, un alimento sinxelo para padais exquisitos.…