Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid unha nova sesión do seminario 'José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos'. O segundo relatorio deste seminario será impartido por Juan Carlos García Gonzalez, vicepresidente da asociación de amigos do Camiño de Santiago da Vía Aquitania, baixo o título 'Los soportes físico e intelectual del Camino en el siglo IX y X. La Vía Aquitania'.A próxima sesión deste seminario terá lugar o luns 25 de novembro ás 19:00 horas.
A escritora galega Pepa Nieto presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu novo poemario "Tiempo en el tiempo". Con temáticas variadas, esta publicación recolle os últimos poemas da escritora. A obra está prologada polo tamén poeta Javier Lostalé, que escribiu obras como "La figura en el paseo marítimo" ou "La rosa inclinada" entre outras.
A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organiza na Casa de Galicia en Madrid unha nova edición do seminario 'José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos'. O primeiro relatorio deste seminario será impartido por Isabel Albella Sanchez, comendadora das Illas Canarias pola Orde do Camiño de Santiago, baixo o título 'Leonor de Plantagenet y el Camino de Santiago'.As próximas sesións deste seminario terán lugar os luns 18 e 25 de novembro ás 19:00 horas.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro "Eduardo Pondal. Poemas", unha tradución da obra do autor do Himno galego realizada por Julia Ures. No acto intervirá a directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, Carmen Mejía Ruiz, quen pronunciará un relatorio sobre "Eduardo Pondal, unha figura imprescindible nas letras galegas". Tamén tomará a palabra o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, e o autor do estudo preliminar, Miguel Losada. A música Sara Varela será a encargada de pechar o acto coa interpretación do Himno galego…
O secretario xeral da Lingua , Valentín García Gómez, acompañado polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, presenta o miercoles 6 de novembro ás 18.30 horas os novos cursos de lingua e cultura galegas que a Xunta imparte Madrid. Neste acto tamén entregarán os diplomas acreditativos ás persoas que superaron o curso da edición 2023-2024.
A Casa de Galicia inaugura o martes 5 de novembro ás 19:30 horas a nova programación, que estará centrada na economía e na industria. O sector naval, que achega un 5% ao produto interior bruto galego, protagonizará a exposición elaborada por PYMAR e que estará instalada na Sala Emilia Pardo Bazán. O programa 'Capital industrial. Galicia' pon o foco tamén no turismo industrial. Un dos principais referentes é a Ruta da Construción Naval de Ferrol, que estará presente na Sala Álvaro Cunqueiro. No mesmo espazo estará a mostra da bodega Paco & Lola, outro exemplo de turismo industrial, neste…
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da peza documental 'Anduriña, muller de ida e volta'. Este proxexto, dirixido por Cristina Pascual, recolle o testemuño de quince mulleres emigrantes do concello de Maceda, na provincia de Ourense. Son quince historias que forman a memoria dun pobo.O documental de O Faiado Producións invita a reflexionar sobre as ausencias, as dificultades de iniciar unha nova vida lonxe da casa, ou a precariedade laboral.
A artista María Carretero presenta na Casa de Galicia en Madrid 'Amor: a muller no camiño de peregrinación. Camiño de Santiago dende Canarias.' en conmemoración do XXVIII aniversario da súa obra 'Homenaxe ao Peregrino'.O acto está coordinado por Domingo de Famara e o tenor Francisco Corujo encargarase do acompañamento musical.Nesta ocasión a artista estará acompañada por Luis E. Ramos, director da Casa de Galicia en Madrid; Juana Sánchez-Gey, profesora emérita de Filosofía, Universidade Autónoma de Madrid, Fundación Fernando Rielo, misioneiras e misioneiros Identes. ID, que intevirá a través…
al
Jesús Tébar Arjona presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa novela 'Cariño é un lugar'. O autor recrea a vida dun profesor de instituto que desexa escapar da súa vida nunha gran cidade e busca refuxio neste pobo mariñeiro. Tébar estará acompañado nesta presentación polo biólogo Agustín López Goya.
al
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presenta na Casa de Galicia 'Os nosos soutos e castiñeiros: Patrimonio Natural de Galicia'. Trátase dunha das actividades do programa 'Toma Castaña. Galicia', que se desenvolve na representación institucional da Xunta en Madrid durante todo o mes de outubro.