Hoxe

--
fotos-web-nova-53
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

O xornalista Ramón Loureiro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra 'La bendición de las estrellas'. A través destas 120 páxinas Loureiro tece un relato profundo 'ata a última folla do caderno, ata o último alento' en compañía dos personaxes que marcaron a súa vida e obra. Unha reflexión sobre o paso do tempo, dos praceres simples da vida como a lectura. Será o xoves 6 de marzo ás 19.30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma. 
A Asociación de Periodistas de Galicia traslada á Casa de Galicia en Madrid a exposición fotográfica 'A Galicia Inédita: unha ollada diferente do fotoxornalismo galego'. Un total de 73 fotografías que ten como obxetivo amosar o talento dos profesionais do fotoxornalismo. Esta mostra está organizada en colaboración co Colectivo Profesional de Fotoxornalistas.A inauguración será o día 6 de marzo ás 12.00h. na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. 
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC). Durante a mesa redonda de presentación falarase sobre a orixe desta asociación, sobre os seus fitos e as posibles actividades de Alumni USC do futuro.Será o mércores 5 de marzo ás 18.30h. na sala Emilia Pardo Bazán, para poder asistir é necesario confirmar asistencia no enderezo electrónico: alumni@alumniusc.com antes do 28 de febreiro. 
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia', unha produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera. A serie, que contou con tres semanas de rodaxe en Australia e unha en Galicia, está composta por catro capítulos nos que se narra a vida deste misioneiro galego.A presentación estará presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos e terá lugar o xoves 27 de febreiro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
'Ardentía 1854', da escritora coruñesa María D. López-Menéndez chega á Casa de Galicia en Madrid. A obra conta a historia de Dolores Seonae, unha xoven de 17 anos que ve como o seu mundo se derriba a noite de San Xoan. Unha viaxe improvisada ata a Virxe dos Dolores leva á protagonista a atopar uns libros moi antigos. Qué ocultan esas obras e quén as deixaría alí? É só unha das moitas preguntas que Dolores terá que resolver ao longo da obra.A presentación da obra será o luns 24 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.Atención…
A editorial Alvarellos presenta, na Casa de Galicia en Madrid, a obra 'El camino de Santiago. El libro olvidado de 1965, de Álvaro Cunqueiro'. Trátase dunha guía orixinal do Camiño Francés que Cunquiero escribiu e publicou en 1965 e que nunca máis fora publicada ata hoxe. Na presentación da obra intervirán o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o editor da obra Henrique Alvarellos e autora do estudo introdutorio, María Xesús Nogueiras.O acto terá lugar o martes 18 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán,…
O profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira imparte na Casa de Galicia en Madrid o relatorio ‘José Rodríguez González, un alento renovador da ciencia galega’. Esta será un clase diferente, pero todo o que asista a ela poderá coñecer de primeira man a vida e o traballo do matemático galego José Rodríguez González.Será o luns 17 de febreiro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo…
O escritor Armando González presenta na Casa de Galicia en Madrid os seus libros ‘Contos sen parche no ollo, nin pata de pau’, ‘Pasos na Azotea’ e ‘Escolma imposible (e incorrecta)’. Estará acompañado da cantante galega María do Ceo, que presenta tamén os seus discos ‘María do Ceo canta a Armando González’ xunto con José Salgado y Alex Salgado.A presentación será o luns 10 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de…
A Casa de Galicia inaugura a exposición 'José Rodríguez, o matemático de Bermés'. A través dunha colección de paneis, o visitante poderá descubrir a vida e a obra deste referente das ciencias exactas. José Rodríguez González foi nomeado pola Real Academia Galega de Ciencias 'Científico Galego do ano 2024', coincidindo co 200 aniversario do seu pasamento.A mostra será inaugurada o xoves 6 de febreiro ás 19:30 horas na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
Ás portas do entroido, a Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición 'Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense', organizada en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico). Trátase dunha mostra a toda cor de fotografías, traxes e elementos tradicionais.A inauguración será o mércores 5 de febreiro ás 19:30 horas na sala Álvaro Cunqueiro, con entrada libre ata completar a súa capacidade.