Hoxe
--
Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.Considerado un dos grandes fotógrafos…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Eventos pasados
al
A Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición Galicia, naturalmente, que se poderá visitar ata o 30 de novembro nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. A inauguración terá lugar o martes 4 de novembro ás 12,00h na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación do concerto homenaxe a Milladoiro, que se celebrará o 15 de novembro no Teatro Monumental de Madrid, organizado pola Fundación DEARTE coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.O grupo Milladoiro celebra os seus 45 anos cun concerto no que repasarán algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio. A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de Aldealista. Trátase un proxecto de emprendemento e apoio ao rural que opta ao gran premio Impact Social Cup, tras ser finalista na categoría de Desenvolvemento Económico e Reducción de Desigualdades. A gran final será o día 16 de outubro no pavillón Madrid Arena. A presentación terá lugar o 15 de outubro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid.
al
A Fundación Artesanía de Galicia, en colaboración coa Casa de Galicia en Madrid trasladan á sala Emilia Pardo Bazán o relatorio "Artesanía no Prato", unha mesa redonda con artesás e cociñeiros de primeiro nivel. No encontro conversarase sobre a mestura de tradición e vangarda que supón este proxecto.O relatorio terá lugar o martes 14 de outubro ás 19,30h, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
al
A Casa de Galicia en Madrid presenta El cuarto vértice, a obra de Carlos Moreno Lugrís, editada por Hércules de Ediciones.A novela contrapón as vidas de Maruja Mallo e Marina Méndez. O autor procura mediante a ficción reivindicar o lugar que a artista viveirense debería ter ocupado na historia da arte española.A presentación terá lugar ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a conferencia Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, que será impartida por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial galega.O encontro abordará o labor da Editorial Galaxia ao longo das súas sete décadas e media de traxectoria, así como o seu papel fundamental na conservación, difusión e normalización da lingua e da cultura galegas. Fundada en 1950 por figuras destacadas das letras galegas, Galaxia converteuse nun referente esencial da edición en Galicia e nun motor de pensamento e creación colectiva.
al
O proxecto Artesanía no Prato ten como finalidade xerar unha interrelación entre artesanía, deseño e gastronomía, dando a coñecer o potencial das pezas artesás como soporte das creación culinarias.O resultado non pode ser máis enriquecedor: unha simbiose entre ambas áreas que permite engalanar non só a alta cociña, senón que a gastronomía en xeral.A apertura terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o venres 3 de outubro ás 11,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
El Último Maqui, vida y leyenda de Mario de Langullo é a última obra de Juan Carlos Alonso. A medio camiño entre a investigación histórica e a narración literaria, o libro ofrece un retrato próximo da guerrilla en Galicia, os seus ideais, a súa loita armada e a persecución implacable á que foron sometidos. Cun ton rigoroso e á vez narrativo, Alonso rescata a memoria dun personaxe que encarna a resistencia contra a ditadura ata os seus últimos días.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o 23 de setembro ás 19,30h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia acolle o relatorio Unha noite con Estíbaliz, un encontro con Estíbaliz Santamaría, musicóloga e comisaria da exposición La Casa de la Troya. Unha oportunidade para coñecer todos os segredos que hay detrás desta película.Terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o mércores 17 de setembro ás 19,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A exposición La Casa de la Troya chega á Casa de Galicia en Madrid con motivo do centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela de Alejandro Pérez Lugín.A inauguración terá lugar o mércores 3 de setembro ás 20,00h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.