Presentación "A volta a Galicia en 80 Pedaladas", de Justo Jorge

Eventos
10/14/2026
10/14/2026
14/10/2026 - 14/10/2026

Presentación "A volta a Galicia en 80 Pedaladas", de Justo Jorge

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de La vuelta a Galicia en 80 pedaladas. Patrimonio cultural en 2.400 km de cicloturismo, de Justo Jorge López.

A obra recolle a experiencia do autor e dun grupo de amigos e familiares que percorreron Galicia en bicicleta ao longo de 37 etapas e aproximadamente 2.400 quilómetros, combinando o cicloturismo co descubrimento do patrimonio natural e cultural, as paisaxes, a gastronomía e os principais recursos turísticos de Galicia.

O percorrido, con inicio e final en Ribadeo, desenvolveuse entre 2022 e 2024 e transcorre tanto pola costa como polo interior de Galicia. O libro incorpora información detallada de cada etapa, mapas e códigos QR cos percorridos, ademais dunha ampla recompilación de bens patrimoniais, espazos naturais, praias, miradoiros, festas e recursos gastronómicos.

Con máis de 500 páxinas, La vuelta a Galicia en 80 pedaladas preséntase así como unha guía para descubrir Galicia sobre dúas rodas, pero tamén como unha invitación a percorrela con calma, gozar das súas paisaxes e coñecer a riqueza do seu patrimonio.

14 Outubro 2026
-
Eventos
Sala
Emilia Pardo Bazán
Precio
Entrada libre
Imaxes