Ciclo de clases-conferencia de Diego Diz: "A propósito da paisaxe: estudo de "A NOITE ESTRELADA", de Van Gogh (1889)

Eventos
07/08/2015
07/08/2015
08/07/2015

Ciclo de clases-conferencia de Diego Diz: "A propósito da paisaxe: estudo de "A NOITE ESTRELADA", de Van Gogh (1889)

-

Nesta sesión, que é a 4ª do ciclo, Diego Diz disertará sobre os dominios da noite e o desexo de absoluto comparando o cadro de Van Gogh con outras paisaxes da pintura occidental. Esta famosa escena é unha das máis vigorosas e suxestivas realizadas polo pintor neerlandés. 

Vincent van Gogh foi un artista que tivo unha gran influencia na arte do século XX. Foi o fillo dun pastor protestante. Naceu en Groot Zundert, preto de Breda, Holanda, no ano 1852. Os seus últimos anos  estiveron marcados polos seus permanentes problemas psíquicos. Chegou a ser recluído en sanatorios mentais de forma voluntaria como o asilo de Saint-Rémy de Provence en Francia. Aí habilitóuselle unha habitación para que seguira pintando. Neste lugar realizou “A noite estrelada”.

Este cadro é considerado a obra mestra máis misteriosa do artista holandés, na que o ceo se transfigura ata retorcerse e duplicarse de luz. Aquí só existe enerxía e nada é ambiguo.

A diferenza da maior parte das súas obras, a “Noite Estrelada” foi pintada de memoria e non A obra é á vez un ambiente íntimo e unha vasta paisaxe. Foi pintado tomando un punto de vista alto da maneira que o facía o paisajista do século XVI Pieter Bruegel o Vello. Este tranquilo pobo é un recordo dun pobo holandés en lugar dun pobo francés.

É de destacar o tratamento da luz das estrelas como puntas de luz envoltas nun halo luminoso ao seu ao redor, obtido cunha das pinceladas máis persoais da historia da pintura: un trazo a base de espirais que dominan o ceo e os cipreses de primeiro plano, tomando como inspiración a Seurat e a estampa xaponesa. Ao fondo apréciase a silueta dun pobo coa longa agulla da torre da igrexa presidindo o conxunto.

As liñas do contorno dos edificios están marcadas con grosos trazos de tons escuros, igual que as montañas que lembran a técnica do cloisonnismo empregada por Gauguin e Bernard.

Os tons que Van Gogh utiliza son comúns a todas as obras desta primavera do 89: malvas, morados e amarelos que mostran o estado de ánimo eufórico do artista, aínda que dá a impresión de predicir a grave recaída que terá Vincent no mes de xullo.

08 Xullo 2015
Eventos
Imaxes