¿Quen somos?
A Casa de Galicia en Madrid é a sede institucional da Xunta deFachada de la casa de galicia Galicia na capital de España, dende o ano 1992. Como Delegación do Goberno Galego en Madrid é un órgano administrativo e competencial que exerce as funcións e atribucións que lle delega e encomenda a Xunta de Galicia.
Non é un Centro Galego nin unha Asociación Galega, senón un organismo oficial. O seu titular é o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia.
Obxectivo
Servir de escenario para a difusión da cultura, economía e turismo de Galicia. Ademais de ser un punto de encontro de todos os galegos que viven en Madrid e tamén de todos os cidadáns interesados en achegarse e coñecer Galicia.
Actividade
Promocionar Galicia no ámbito cultural, económico, empresarial e turístico é a actividade prioritaria desta sede da Xunta en Madrid. As súas tres salas de exposicións e de reunións acolleron máis de 3.000 actos nos seus 17 anos de existencia.
Centra a súa actividade en tres grandes áreas:
Cultural
As actividades deste tipo serven de plataforma para dar a coñecer a obra de artistas e intelectuais xa consagrados ou de novos valores.
Organízanse conferencias, exposicións de pintura, escultura, fotografía, presentacións de libros, mesas redondas, recitais, concertos, etc.
Económico-empresarial
As instalacións cédense ás empresas galegas que desexan dar a coñecer os seus proxectos e produtos en Madrid.
Promóvense conferencias, xornadas empresariais, presentacións de ferias, promocións e degustacións, entre outras actividades.
Entidades públicas e privadas, utilizan as dependencias para reunións de traballo, firma de acordos, seminarios, etc.
Turística
A Casa de Galicia conta cunha Oficina de Turismo de Turgalicia. Ofrécese información e orientación para viaxes e estancias.
Tamén organiza e colabora en numerosos actos de promoción turística.