Notas de prensa
Na presentación do acto, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez explicou que a Bakin Blues Band comezou a súa andaina no ano 2008, e está integrada por músicos “galegos de reputado prestixio –profesores algúns deles das Escolas de Jazz e Blues de Santiago de Compostela e Madrid- cunha longa tradición na interpretación de música negra e importante presenza en diversas formacións do panorama musical desde principios do noventa”. Tamén que a Banda ofreceu concertos ininterrompidamente tanto nos circuítos institucionais como en locais privados, desde as salas de…
A presentación do conferenciante realizouna o coordinador de Actos Culturais, Ramón Jiménez, e nas súas palabras recordou que "a publicación de Cantares Galegos, situou a Rosalía “como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. Un libro con reminiscencias da antiga lírica galego-portuguesa, especialmente da popular, e con notables innovacións métricas".
Santiago Losada Carregal, natural de Marín, é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia da Filosofía. Impartiu clases en centros de Cangas, Santiago de Compostela,…
A presentación do conferenciante realizouna o coordinador de Actos Culturais, Ramón Jiménez, e nas súas palabras recordou que "a publicación de Cantares Galegos, situou a Rosalía “como precursora, xunto a Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. Un libro con reminiscencias da antiga lírica galego-portuguesa, especialmente da popular, e con notables innovacións métricas".
Santiago Losada Carregal, natural de Marín, é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia da Filosofía. Impartiu clases en centros de Cangas, Santiago de Compostela,…
Madrid, 2 de marzo de 2013. - O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi o encargado de entregar a distinción de Madrigallego de Oro ao Mérito Público que a Enxebre Orden dá Vieira concedeu ao director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, con ocasión da celebración do seu XLVI Capítulo Xeral, que tivo lugar en Madrid o sábado 2 de marzo de 2013 co lema "Emprendedor, orgullo de Galicia". Entre as preto de trescentas persoas que asistiron ao acto estaban o director xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez…
Madrid, 3 de abril de 2013. - "Costumismo galego", a exposición de pintura de Vidal Martín Palacios que se exhibe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe ata o próximo día 26 recrea escenas galegas urbanas, rurais e mariñeiras nas que se desenvolveron as vivencias galegas deste artista toledano namorado de Galicia e en especial da Serra de Barbanza e da Ría de Muros e Noia, que frecuenta dende hai tres décadas.
Na inauguración da mostra, interveu, ademais do pintor, o coordinador de Actos Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen se referiu a Martín…
Na presentación, o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez recordou que Caino xa expuxera na Casa no ano 1998, e agora ofrece a súa evolución cara a formas sublimes e cores vitais. "Caino é un artista incesante, deses cuxa alma destila sen tregua inquietudes, que é o caso, comunica aos demais mediante a súa plasmación no lenzo". Para Jiménez, o xeito que ten Caino de expresar o seu mundo interior imparable é "tenro, alegre e colorista". Comentou que xa o era antes, pero “paréceme que actualmente a presenza da tenrura na súa obra é maior, e a cor tamén, e esta policromía de agora…
Madrid, 27 de febreiro de 2013. - A escritora coruñesa Carlota Lama presentou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a súa última "O encontro das augas" publicada por Edicións Atlantis e ambientada na desembocadura do río Miño, en "unha paisaxe sen igual, que arrepía", onde "as augas doce e salgadas están en perpetua loita, como as almas de Susana e Miguel, cuxas vidas parecen perseguidas pola sombra dun home que deu renda solta aos seus instintos aproveitando a súa posición: don Eusebio, o cura da aldea, que está a punto de morrer". En "O encontro das augas" os…
A cata, que se realizou sobre as 80 etiquetas coa mellor puntuación da Guía, fíxose en horario de mañá e tarde de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. Das 80 marcas, 65 correspondían a viños;14 a destilados e só unha a un escumoso.
Ás 12:30, tal e como estaba previsto, presentouse a Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2013. No acto, presidido polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, interviñeron o xornalista e coordinador da Guía, Xosé Lorenzo; o presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres, Javier Gila e o enólogo e editor, Luis Paadín.
Tras as palabras…
No acto de presentación, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, interviñeron ademais do autor Xosé Reigosa, a escritora e xornalista Marta Rivera de la Cruz, -unha das retratadas-, e o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez.
"A muralla cohabitada é máis que un libro", dixo Ónega, "é unha obra de arte que une ás magníficas imaxes, textos das plumas máis excelsas da cidade" e formulou tamén un interrogante sobre a bimilenaria muralla, "¿Qué sagrado misterio gardaba a cidade para que nos legasen aqueles homes unha defensa invicta, unha paz…
Pola súa banda, Juan M. Lema, da Universidade de Santiago, agradeceulle "a hospitalidade coa que sempre nos reciben".
O equipo NOVEDAR_Consolider está integrado por 11 grupos de investigación, dos cales, 9 son españois, e dous centros de Holanda, cunha experiencia particular en áreas de investigación complementarias. "O intercambio de coñecementos e tecnoloxías entre grupos de investigación é fundamental para alcanzar a excelencia científica nos temas tratados".
A sesión desenvolveuse segundo a orde prevista, con dúas breves pausas para o almorzo e o xantar. Tras as…