Acto de homenaxe ao escritor orensán CELSO EMILIO FERREIRO.

Eventos
07/09/2012
07/09/2012
09/07/2012

Acto de homenaxe ao escritor orensán CELSO EMILIO FERREIRO.

-

Neste acto conmemórase o centenario do seu nacemento así como os 50 años da publicación do seu poemario "Longa noite de pedra".

A Casa de Galicia en Madrid acollerá o vindeiro luns, 9 de xullo, ás 20:00 horas, un acto de homenaxe ao escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro, con motivo do centenario do seu nacemento e dos cincuenta anos da publicación do seu poemario Longa noite de pedra.

Persoeiros do ámbito da cultura, autoridades de Galicia en Madrid, amigos e familiares do escritor de Celanova recordarán a súa obra a través do recital poético dalgúns dos seus versos máis emblemáticos.

A homenaxe na Casa de Galicia completarase coa actuación do cantautor Amancio Prada, que será o encargado de poñerlle música aos poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Esta iniciativa en memoria do poeta ourensán enmárcase no programa de actividades que está a desenvolver a Xunta de Galicia para celebrar o Ano Celso Emilio Ferreiro. 

09 Xullo 2012
Eventos