Concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO"

Eventos
03/19/2024
03/19/2024
19/03/2024

Concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO"

Participan nesta actuación: Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes.

Concerto de guitarra clásica con intervención pictórica onde o debuxo xorde en constante diálogo coa música dos compositores Federico Mompou e Stephen Goss, trazando historia, ritos e tradicións desenvoltas a través do Camiño de Santiago. 

O programa consiste en dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago".

A "Suite Compostelá" é unha das únicas obras para guitarra escritas polo compositor Federico Mompou. Foi composta no ano 1962 durante unha das súas estancias como docente nos cursos de Música en Compostela, onde coincidiu co guitarrista Andrés Segovia, quen lle convidou a compoñer unha obra de concerto para guitarra. Así naceu en 1962 a "Suite Compostelá" que consta de seis movementos inspirados no folclore galego.

A "Cantigas de Santiago" de Stephen Goss son unha adaptación moderna para guitarra de música medieval relacionada co Camiño.

19 Marzo 2024
Eventos
Participantes
Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia
Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes
Imaxes