Concerto de jazz "SONS DA TERRA", polo Dúo Baldo Martínez (contrabaixo) e Carlo Actis Dato (clarinete baixo e saxo barítono)

Eventos
10/24/2012
10/24/2012
24/10/2012

Concerto de jazz "SONS DA TERRA", polo Dúo Baldo Martínez (contrabaixo) e Carlo Actis Dato (clarinete baixo e saxo barítono)

-

Un dos dúos máis interesantes do jazz europeo actual, preséntanos o seu novo traballo "Sons da Terra". É un paso máis na súa evolución musical a partir de músicas tan dispares como a folclórica ou contemporánea para incorporalas á súa linguaxe libre do jazz.

Despois do seu gran debut co CD "Folklore Imaginario" que tivo moi boa acollida por todos os medios especializados, desde Jazzmagazine en Francia, Downbeat en USA ou Cuadernos de Jazz en España, un dos dúos máis interesantes do jazz europeo actual dá a coñecer o seu novo disco, "Sons da Terra", editado por Emercy de Universal Music.

O dúo que forman o clarinetista e saxofonista italiano, Carlo Actis Dato, e o contrabaixista galego, Baldo Martínez,  realiza un repertorio dentro da linguaxe do jazz europeo actual, inspirado en música tradicional galega e italiana e de países mediterráneos.

Este dúo deu a coñecer o seu traballo en diversos festivais da escena do Jazz europeo, en Italia, Francia, Portugal, Rumanía, Alemaña...

Baldo Martínez, próximo ás correntes do jazz europeo actual, tamén frecuenta a música libre improvisada. Pola súa parte, o saxofonista e clarinetista, Carlo Actis Dato, é un dos músicos máis coloristas do jazz italiano. É un mestre do cóctel musical, en cuxa música pódese intuír a influencia das grandes figuras do jazz americano, enriquecida cos máis variados ritmos e aromas. É considerado como un dos cinco mellores saxos barítonos do mundo.

Nas biografías profesionais destes dous músicos, podemos encontrar nomes das súas colaboracións, como o saxofonista norteamericano David Murray, a cantante portuguesa Maria Joao; Kenny Wheeler, Joachim Kuhn, A. Braxton, Cecil Taylor... a parte de proxectos individuais de cada un deles.

 

PROGRAMA CONCERTO "SONS DA TERRA"

1. Recordando (Baldo Martínez)

2. Atlántida (Baldo Martínez)

3. Ceuta (Carlo Actis Dato)

4. Ibo (Carlo Actis Dato)

5. Cabo Prioriño (Baldo Martínez)

6. Tiempo perdido (Baldo Martínez)

7. Andaluz (Carlo Actis Dato)

8. No visa (Carlo Actis Dato)

24 Outubro 2012
Eventos