Conferencia "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi"

Eventos
12/12/2023
12/12/2023
12/12/2023

Conferencia "ANTONIO PALACIOS RAMILO, ARQUITECTO. Descrición persoal, o que puido ser e non foi"

Acompañarán ao conferenciante: Horacio Rico Rodríguez, presidente de FAGAMA; e Fernando Gómez, presidente da Xuntanza de Alcobendas.

ANTONIO TRONCOSO DE CASTRO é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi ponente e profesor en diversos simposiums e publicou numerosas obras e artigos sobre Dereito. Foi profesor de Xeografía Turística.

Pronunciou a súa primeira conferencia en Xuntanza co título “Lendas, tradicións e mosteiros en Galicia en xaneiro de 1999, despertando tan gran expectación, que, desde entón, estivo presente en todas as Festas en Honor da Virxe da Paz.

As súas conferencias marianas, ao longo destes anos, son seguidas por un numeroso, entusiasmado e expectante público. Velaquí algún dos seus títulos: “Lendas, devocións, e santuarios marianos en Galicia”, “Romarías da Ría de Vigo”, “Romarías do Baixo Miño”... 

Con motivo do Xacobeo 2004 pronunciou “OCebreiro: Historia, Lenda e Relixiosidade” e “Os Camiños a Compostela”.

12 Decembro 2023
Eventos
Participantes
Antonio Troncoso de Castro, profesor de Xeografía Purista
Imaxes