Inauguración da exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)"

Eventos
12/04/2019
12/04/2019
04/12/2019

Inauguración da exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento "SETENTA E CINCO ANOS AO SERVIZO DE GALICIA (1944-2019)"

-

A Casa de Galicia en Madrid acollerá do 4 ao 30 de decembro a exposición que conmemora o 75 aniversario do Instituto Gallego Padre Sarmiento mediante un percorrido pola historia e significado da institución.

A mostra consta duns paneis nos que se profunda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca e as coleccións que atesoura.

Esta exposición profunda na contribución do instituto, centro mixto do CSIC e a Xunta de Galicia, no ámbito da humanística galega contemporánea. Na súa primeira parte, unha ducia de paneis explican ao visitante a súa traxectoria histórica, lembrando os antecedentes e primeiros pasos, así como aos protagonistas do seu posterior devir.

Tamén ocupa un lugar destacado a importante contribución científica e cultural da institución, particularmente a través das súas múltiples publicacións. Na súa última parte, composta por oito paneis, destácanse as diferentes coleccións histórico-artísticas e arqueolóxicas que o Instituto atesoura. Entre elas figuran algúns obxectos singulares e un número non menor de obras asinadas por moi recoñecidos artistas galegos.

Como peche, hai varios paneis que destacan a importancia da biblioteca do Instituto, cuxo fondo supera hoxe os 50.000 volumes, ademais dalgunhas coleccións documentais de notable importancia para a historia e a cultura de Galicia. Entre estas últimas destácase a colección de debuxos arqueolóxicos do estudioso Xosé Antón G. González-Ledo, composta por máis dun milleiro de láminas, boa parte das cales foi adquirida recentemente polo CSIC con cargo ao un por cento cultural.

04 Decembro 2019
Eventos