Inauguración da exposición de pintura "Solaina", de Eduardo Sampayo Montenegro

Eventos
11/07/2023
11/07/2023
07/11/2023

Inauguración da exposición de pintura "Solaina", de Eduardo Sampayo Montenegro

Eduardo Sampayo (Lugo, 1973) sempre sentiu fascinación pola expresión gráfica. As súas primeiras clases de debuxo artístico desenvolvéronse no Instituto Mixto Xoan Montes, onde tivo a sorte de ter como profesor a José López Guntín, un gran pintor que lle ensinou a debuxar e fomentou a súa afección pola arte figurativo e os retratos.

Con trinta e moitos anos, viviu unha tempada en Salamanca onde casualmente atopouse coa academia de pintura de Clara Lurueña Miguel, onde aprendeu a perfeccionar a súa técnica de debuxo artístico e a importancia da luz e a cor na pintura. En 2011 volve a Lugo e entra na academia de Antonio García Durán e alí, case de modo natural, aos poucos empezou a traballar sobre conceptos de pintura abstracta e contemporánea.

Aínda que ás veces dedícase a realizar ilustracións, debuxos e pinturas encadradas na arte figurativo, o seu estilo artístico é fundamentalmente a pintura abstracta, expresionista e formalista. Utiliza a pintura acrílica sobre diferentes texturas e superficies e a súa intención como pintor é provocar un impacto estético que transporte ao observador a espazos confortables máis aló das formas e as dimensións da pintura formal e representativa.

Con "Solaina", o artista pretende que o visitante se aproxime a ese balcón galego orientado ao sol convidándolle a mirar, a contemplar e dialogar cos xogos de luces, sombras e texturas que a vida, que a súa obra ofrécenos, converténdoo no seu lugar favorito.

EXPOSICIÓNS

Ano 2014
- Exposición individual no bar A Casa das Cores. 

Ano 2016 
- Exposición colectiva “Achegando Disparidades” no Museo Interactivo Histórico Lucense (MIHL).
-  Exposición Colectiva de Artistas Galegos celebrada no mosteiro de Samos.
-  Exposición colectiva “Soños” organizada pola artista lucense Luisa Paz Montenegro, na sala La Ferretería.

Ano 2017  
- Exposición individual “Alboradas de Metal” na sala La Ferretería. 
- Exposición colectiva organizada por Luisa Paz sobre Federico García Lorca, sala La Ferretería.

Ano 2018 
- Exposición individual “Moda e Meditación”, na concept store Bororo.

Ano 2019 
- Exposición colectiva de Luisa Paz Montenegro “Mulleres Libres”, sala La Ferretería.
- Exposición individual “Auroras de Vento”, sala Las Ferretería.

A mostra poderá contemplarse ata o 1 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
 

07 Novembro 2023
Eventos
Participantes
Eduardo Sampayo Montenegro, autor da exposición
Imaxes