Presentación da LII FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
Lalín prepárase para celebrar o domingo 16 de febreiro a LII Feira do Cocido, unha das festas máis importantes do calendario galego que hoxe, tras cincuenta e dous anos desenvólvese de forma ininterrompida, constitúe o seu emblema e señal de identidade no mundo.
Participarán no acto de presentación o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias; e a concelleira de Turismo, Begoña Blanco.
Desta maneira, Lalín volve ser capital da gastronomía galega, e tamén española, e un escaparate dun produto gastronómico de primeira calidade que traspasa fronteiras e que é a suma de esforzos construídos ao longo dos anos coa audacia e o esforzo dos lalinenses.
Nesta 52ª edición comezan unha nova etapa, tras o recoñecemento da Feira do Cocido de Lalín como a primeira feira gastronómica en España declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito e, neste caso, tratarase da primeira festa gastronómica en logralo en todo o Estado, unha tradución que se remonta a máis de 50 anos na comarca do Deza.
A declaración supón a culminación dun proceso que a Xunta vén apoiando nos últimos anos e que ocupa un lugar destacado no modelo turístico galego, a enogastronomía.
A xornalista e escritora Sonsoles Ónega será a pregoeira desta nova edición da Festa Do Cocido de Lalín 2020.