Presentación da novela “CICATRICES EN LA SELVA”, de Jacinto Ruiz

Eventos
03/14/2024
03/14/2024
14/03/2024

Presentación da novela “CICATRICES EN LA SELVA”, de Jacinto Ruiz

O xornalista e escritor, vinculado durante toda a súa traxectoria profesional a La Voz de Galicia, presenta na Casa de Galicia a súa nova novela, que vira ao redor dun médico galego que se encarga de erradicar as vexigas no recentemente descolonizado Congo.

Baseada en feitos reais, “Cicatrices en la selva” narra a historia do Dr. Jorge Martínez, médico da OMS, na Selva do Congo durante os convulsos anos 60 e 70, movido polo anhelo de extinguir definitivamente as vexigas no seu último reduto, África.

Neste escenario de descolonización, revolución e misterios, atópase no epicentro de eventos históricos clave, desde o asasinato de Patrice Lumumba ata a revolución dos Simbas, coincidindo coa intervención no conflito do Che Guevara. Enfrontando o sufrimento humano, o Dr. Martínez tece unha trama épica de coraxe e de profundo crecemento persoal.

Recentemente casado, nunha España de posguerra, marcada pola influencia do catolicismo, o Dr. Martínez é contratado pola Organización Mundial da Saúde para erradicar as vexigas no Congo. 

A través da intrahistoria do protagonista, a novela explora a liberación do seu pensamento nunha viaxe que vai máis aló da medicina. Cunha prosa envolvente, "Cicatrices en la selva" tece unha historia de cambio persoal, amor, e o impacto das decisións políticas na vida dun home que se ve obrigado a reformularse a súa identidade nun contexto cheo de violencia... 

14 Marzo 2024
Eventos
Participantes
Javier Vázquez Prado, director da Casa de Galicia en Madrid.
María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia.
Julio Acochea, presidente de ASOMEGA.
Imaxes