Presentación do libro "Cuento de la Travesía de las Musas", de João Pedro Mésseder, publicado por Hércules de Ediciones

Eventos
12/16/2019
12/16/2019
16/12/2019

Presentación do libro "Cuento de la Travesía de las Musas", de João Pedro Mésseder, publicado por Hércules de Ediciones

-

No acto intervirán, ademais do autor, a ilustradora Raquel Senra Fernández; e a editora, Laura Rodríguez Herrera.

Travesía das Musas: unha rúa estreita, nun barrio vello e pobre dunha antiga cidade. Nin merecía que rúa a chamasen, só travesía. Pero neses lugares é onde se esconden, ás veces, a aventura e o desexo de liberdade de quen sente só e preso. Ademais, as Musas son as inspiradoras da poesía, dos poetas? E, naquela pequena rúa, había poesía e diversión no aire. Juan parecía respiralas. E os seus veciños tamén.

João Pedro Mésseder, profesor de ensino superior e natural do Porto, é autor de obras para a infancia, varias delas distinguidas con galardóns en diferentes premios como o Premio Autores da Sociedade Portuguesa de Autores, en 2017, por De Umas Coisas Nascem Outras; Premio Bissaya Barreto de Literatura para a Infa?ncia, en 2014, por Pequeno Livro das Coisas; Mención do Xurado do Premio Compostela, en 2008, polo El Tiempo Vuela/ O Tempo Voa; Listas de Honra do IBBY 2000 e 2006, por Versos com Reversos e por Palavra que Voa, respectivamente. Autor ademais de libros para adultos, mereceu, en 1999, o Premio Maria Ama?lia Vaz de Carvalho de Poesía co seu libro Fissura

Raquel Senra naceu en Compostela, cidade desde a que viaxa a mundos reais e imaxinarios. É unha muller polivalente e a súa formación vira ao redor dos campos da tradución, literatura infantil e xuvenil, ilustración e educación. Actualmente, dedícase ao que máis lle gusta: a tradución e a creación visual e escrita. Encántalle bailar coa lúa, saudar ao sol xunto ao mar e ronronear cos gatos que se espertan.

16 Decembro 2019
Eventos