Presentación do libro de poemas "FARRUCA", de Belén Presas
Durante a presentación, a autora estará acompañada polo director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Carlos Serrano; polo xornalista e escritor, Ferran Garrido; e por Toni Alcolea, da editorial Olé Libros.
´Farruca´ achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe.
Belén Presas nace en Vigo en 1992. É xornalista e traballou en medios de comunicación, organismos internacionais e actualmente centra a súa actividade na empresa privada, especializada nas áreas de recursos humanos e comunicación corporativa. Para escribir os seus poemas, Belén inspírase no cotián: as persoas, os sentimentos e a beleza que se atopa en calquera lugar se adestramos a nosa mirada.