Presentación do libro "LAMAZARES. VIAJE ÍNTIMO", de Enrique Beotas, Sergio Casquet e Pedro Sempere, publicado por Quindici Ediciones

Eventos
01/22/2013
01/22/2013
22/01/2013

Presentación do libro "LAMAZARES. VIAJE ÍNTIMO", de Enrique Beotas, Sergio Casquet e Pedro Sempere, publicado por Quindici Ediciones

-

A obra é un "diccionario vital" en torno á visión poliédrica do pintor Antón Lamazares. O acto, que estará presidido pola Ministra de Fomento, Dª Ana Pastor, contará coa intervención do protagonista da obra.

Esta obra, libro-homenaxe por parte dos periodistas Enrique Beotas, Sergio Casquet e Pedro Sempere, é unha publicación limitada, dedicada ao sector especializado e ao coleccionismo, e impresa nunha coidada edición. A obra é un diccionario vital en torno á visión poliédrica do artista, que contén un álbum con fotos inéditas e unha reprodución a color vernizada do tríptico "Casa das sete yemas".

.

22 Xaneiro 2013
Eventos