Presentación do libro "UN CAMINO DE CINE XACOBEO", da xornalista Pilar Falcón

Eventos
04/02/2024
04/02/2024
02/04/2024

Presentación do libro "UN CAMINO DE CINE XACOBEO", da xornalista Pilar Falcón

Este libro, editado por IBERSAF, constitúe a máis extensa recompilación do filmado para a gran e pequena pantalla sobre o Camiño de Santiago. Pensado tamén para camiñantes, estudiosos do Camiño e amantes do cinema, supón o recoñecemento do xénero Cinema Xacobeo a través de 50 títulos que inclúen películas, series de televisión e documentais.

As primeiras obras que se conservan datan de 1915 e chegamos ata 2022 nunha viaxe audiovisual que inclúe obras de corte histórico, romántico, de suspense, aminado, dramático ou de aventuras. As súas historias mergúllannos na mística envolvente da senda máis famosa do mundo, esa que conduce ata o Apóstolo.

Este pode ser o primeiro tomo dunha máis ampla colección que o tempo irá perfilando. Son historias cinematográficas que peregrinan por estas páxinas como pioneiras dun futuro audiovisual vinculado ao Camiño de Santiago.

Esta recompilación vese enriquecida coas miradas de Monica Casuso, Xisela Franco, Norberto López, Diego Moldes, Pai Paco Castro, Ángel Peláez, Mamen Quintas, Estíbaliz Veiga e Darío Villanueva.

PILAR FALCÓN (A Pastoriza, Lugo). Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona e Doutora en Dereito da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Xornalista de prensa escrita, radio e televisión e profesora de Historia do Xornalismo. Numeraria da Academia Xacobea.

Publicou os libros: "El Imperio Rosa. Poder e Influencia de la Prensa del Corazón" (1998); "Innovación en lo informativo y sus productos"; "Fraga y Galicia" (2002), "Libro de cuentos: Faustino, El lagarto; Run Run y Besos de Miel" (2014); "Fraga después de Fraga" (2017); "Desde mi ventana" (2022); e "Mujeres transparentes" (2022).

02 Abril 2024
Eventos
Participantes
Pilar Falcón Osorio, autora do libro
Eduardo Torres-Dulce, crítico cinematográfico e ex fiscal xeral do Estado
Imaxes