Presentación do proxecto "MUXÍA CAMIÑANDO CARA Ó MAR # MUXÍA DESTINOSLOW"

Eventos
01/24/2019
01/24/2019
24/01/2019

Presentación do proxecto "MUXÍA CAMIÑANDO CARA Ó MAR # MUXÍA DESTINOSLOW"

-

A través deste proxecto preténdese dar a coñecer Muxía como un destino de turismo experiencial ao redor dos recursos mariños que pretende poñer en valor o turismo, a gastronomía, os recursos locais náuticos- recreativos, culturais e a biodiversidade da zona de Muxía.

Participarán neste acto de presentación: Óscar López Guitián, presidente da Rede Nacional de Paradores; Ricardo García Mira, deputado nacional pola Coruña; Francisco Canabal López, do Clúster de Turismo de Galicia; Félix Porto Serantes, alcalde de Muxía;  e Manuel Jesús Lema Caamaño, presidente de Muxía Turismo Rural.

O proxecto "Muxía. Camiñando cara ó mar"  unha acción de dinamización turística promovida polo Concello de Muxía e cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través do Grupo de Acción Costeira zona 3 - Costa da Morte (GAC 3).

Este proxecto leva tres liñas de actuación, baseándose no slogan "Muxía, historia, tradición e cultura".

Unha primeira liña que vai encamiñada a tres rutas deseñadas e delimitadas, con códigos QR, onde o visitante dispón dun audioguía narrado en tres idiomas (español, galego e inglés), que o visitante pode descargar no seu smartphone, e vaille guiando ao longo da ruta explicándolle a historia e as lendas dos lugares por onde transcurrre.

Ruta cultural - Ruta do perello, unha ruta circular que transcorre pola vila de Muxía que ten o seu comezo e final no santuario da Virxe da Barca.

Ruta histórica - Ruta non circular que nos leva ata o Mosteiro de Moraime, a igrexa de San Xiao de Moraime do século XII con visitas guiadas ao seu interior, e termina no Mosteiro de San Martiño de Ozón con explicación do hórreo dos máis grandes de Galicia.

Ruta da morte do sol - Esta ruta non é circular, pódese facer en coche, bicicleta ou por tramos a pé, xa que consta de 29 km. de longo, onde se pode divisar a furna da buserana, a Ribeira de Moreira, o mítico Cabo Touriñán e o seu último solpor de Europa e final na Praia de Nemiña.

A outra liña de actuación baséase en experiencias turístico-pesqueiras, onde o visitante ten a posibilidade de ser percebeiro ou mariñeiro por un día, con explicación teórico e práctica destas artes mariñeiras.

E unha terceira que é gastronómica, cun selo de calidade de Muxía cociña, onde os restauradores adquiren un compromiso de elaborar pratos propios con produtos exclusivamente do mar e a terra de Muxía. Nesta terceira liña ten moito que ver o congro curado de Muxía, unha elaboración artesanal e única no mundo.

24 Xaneiro 2019
Eventos
Imaxes