A nosa casa

Palacio de Amezúa

AmezuaA sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid encóntrase nun edificio de arquitectura dos anos vinte, ubicado no chamado Triángulo Cultural de Madrid, formado polos museos do Prado, Reina Sofía e Thyssen.

A Casa de Galicia é un palacete histórico, que conta con varios despachos, un salón de reunións, e outros salóns multiusos, de ata 100 persoas de capacidade.

As súas instalacións están compostas por tres salas de exposicións, biblioteca, sala de xuntas, sala de conferencias e debates, oficina de turismo, ademáis das dependencias institucionais.

Diversas entidades, tanto públicas coma privadas, utilizan as instalaciónes para celebrar reunións de traballo, firmas de acordos, convenios, seminarios, etc.

Dende a inauguración, en 1992, realizáronse aproximadamente 2.000 actos, demostrando así a súa vitalidade e función promocional de Galicia, principalmente no ámbito cultural, económico-empresarial e turístico.

Ver mapa en Google

O edificio - estructura interna

 

O edificio - vista externa

O proxecto orixinal de construcción do edificio foi encargado en 1924 por Agustín González de Amezúa ó arquitecto Felipe de Sala y Blanco e, finalmente, foi Luís de Sala y Martín quen o rematou en en 1926.

O edificio limita con dúas rúas, Casado del Alisal e Moreto, e constitúe un exemplo típico de hotel/palacete entre medianerías, con destacada posición de esquina. O seu aspecto externo é de líñas historicistas e de carácter ecléctico, con unha mezcla de elementos rexionalistas marcadamente barroca e unha decoración de compoñentes clásicos.

Destaca a importante rexería de ferro forxado nos ócos e nas ventás da pranta baixa, que confere singularidade as súas fachadas.

Unha vez rematadas as obras de remodelación, no ano 1992 adquiríuno o Gobierno Autonómico de Galicia para convertilo na súa sede oficial na capital de España.

 

O edificio - estructura interna

Na pranta baixa encóntrase a entrada principal ó edificio pola rúa Casado del Alisal. A través dunhas escaleiras accédese a un gran vestíbulo, flanqueado por dúas enormes columnas de estilo clásico e vidreiras de notable calidade. Dende aquí pódese acceder a dúas salas de exposicións e conferencias, á oficina de turismo e a unha segunda entrada pola Rúa Moreto, que conserva todo o encanto da época pasada.

primeira pranta está destinada á función administrativa. Conta con un zaguán entorno a unha loxia interior con columnas clásicas, do cal parten os despachos e unha terceira sala de exposicións e reunións.vista-interna

segunda pranta dispón de amplas áreas de traballo e reunión. Tamén con un espacio organizado en torno a un zaguán de pranta que é, á súa vez, remate último da escaleira principal. Nela atópanse a sala de xuntas e o despacho do Presidente da Xunta.

Dado o pronunciado carácter administrativo de boa parte do espazo, o mobiliario é contemporáneo e funcional. Tan só en recibidores e no despacho principal conta con algúns mobles de época.

 

As paredes están decoradas con unha selección de obras pictóricas galegas que abre en sentido cronolóxico e espacial, un lenzo de Álvarez de Sotomayor.

SalonNo resto das prantas vánse sucedendo tendencias ata chegar á actualidade, configurando unha colección permanente na que están representados nomes como Laxeiro, Menchu Lamas, Antón Patiño, Nóvoa e outros.