Realízanse periodicamente nas nosas instalacións actividades para difundir a cultura da Comunidade Autónoma na capital de España. Serve de prataforma para dar a coñecer a obra de artistas e intelectuais xa consagrados ou de novos valores. A Delegación dispón de varios espazos para celebrar estos actos que se denominan Salas, "A", "B" y "L".
A Sala "A" é o salón principal da Casa. Con una superficie de 87 metros cadrados, celébranse nela a maior parte das actividades culturais organizadas de cara ó público, as cales consisten en mesas redondas, homenaxes e seminarios, conferencias, exposicións de arte (preferentemente de pintura ou fotografía, a fin de non ocupar o espazo interior da mesma, que impediría a colocación de cadeiras para o seguimento de outros actos), presentación de libros, revistas, discos e outras publicacións, concertos e recitais, así coma representacións teatrais e outros espectáculos (maxia, títeres, danza, happenings).
Con capacidade para un cento de persoas sentadas e dotada de medios audiovisuais, esta Sala dispón dunha tarima versátil nun dos seus extremos que, cando se require e mediante a colocación sobre a mesma dunha mesa á que se poden sentar un total de seis persoas, convértese en tribuna de oradores. Polo contrario, se o acto a celebrar consiste nun concerto ou nunha representación teatral, a citada tarima para a ser o escenario sobre o que se desenrolan. A tarima é, asimesmo, o lugar máis indicado para situar os pertinentes soportes publicitarios no caso de presentacións, do tipo que sexan.
A Sala denominada "B" ten unha superficie de 67 metros cadrados e atópase separada da Sala "A" polo vestíbulo principal da Casa. Esta sala funciona como continuación da Sala "A" ou coma sala independente. É prolongación cando unha exposición de arte colgada nas paredes da Sala "A" continúa na "B", pasando polo tanto a ocupar as dúas salas, ou cando, desbordada a capacidade da Sala "A" pola afluencia de público a un acto celebrado neste espazo habilítase o da Sala "B" con cadeiras supletorias co fin de poderse seguir o mesmo dende un monitor de televisión de circuíto pechado enclavado nun punto da pared. É sala independente cando un acto é celebrado por completo na mesma, coma determinadas exposicións que ocupan só este espazo. É tamén ámbito reservado ás mostras de escultura e aquelas outras de natureza especial, pois admite a instalación de elementos expositivos que empreguen o espazo interior da mesma, parcial ou totalmente.
A Sala denominada "L", situada na primeira planta da Casa, de aproximadamente a mesma dimensión que a "B", debe o seu nome á distribución do seu espazo en forma de L. Na área cultural, funciona principalmente coma sala de exposicións, ben por sí soa ou coma prolongación dalgunha outra celebrada nas Salas "A" ou "B", ou en ambas, da planta baixa. É tamén, nas ocasións nas que a asistencia a algún acto celebrado na Sala "A" sobrepasa o aforo tanto desta sala coma o da "B", sala complementaria destas, pois ó igual que a Sala "B" permite o seguimento das actividades mediante cadeiras de man colocadas a propósito e unha pantalla de televisión.
Se desexa organizar un evento, conferencia, exposición, etc, non dubide en propoñelo empregando o formulario de Proposta de actividade.