Exposición "Nicolás Muller en Galicia"

Exposicións
06/10/2026
07/29/2026
10/06/2026 - 29/07/2026

Exposición "Nicolás Muller en Galicia"

Nicolás Muller en Galicia revisa e recupera o traballo realizado por Nicolás Muller (Hungría, 1913 – Asturias, 2000) durante as súas viaxes a Galicia a mediados do século XX. Un relato que nos achega á realidade galega dos anos 60 a través dunha mirada profundamente humanista que pon o foco sobre as xentes traballadoras e a beleza das súas paisaxes.

Considerado un dos grandes fotógrafos documentais do século pasado, Nicolás Muller viaxou coa súa cámara desde o seu país natal, Hungría, ata Francia, Portugal, Marrocos e España, fuxindo da Segunda Guerra Mundial.

Nicolás Muller en Galicia forma parte das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura e nace a raíz da mostra Nicolás Muller. Vento Norte, que acolleu o Museo Centro Gaiás entre xullo e novembro de 2023. Tras pasar por Vigo, Lugo, Ferrol e acumular máis de 20.000 visitantes, agora chega á Casa de Galicia en Madrid, co obxectivo de seguir difundindo o valor da súa obra.

10 Xuño 2026
-
Exposicións
Sala
Salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro
Precio
Entrada libre
Imaxes