Exposición de fotografías 'A Costa da Morte', de Eloísa García Guerrero
A colección de fotografías ‘A Costa da Morte’. de Eloísa García Guerrero é unha homenaxe aos que aman o mar e coidan da natureza, dos que salvaron e permitiron que siga existindo este mar.
A mostra, que recolle as fotografías da costa atlántica galega, conta con un total de 24 pezas que estarán expostas na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia.
Estará aberta ata o 31 de xaneiro de 2025. Horario de visitas de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas. Este horario pode sufrir modificacións a causa da actividade da Casa de Galicia.
Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.
Para más información: 91 595 42 00