Exposición de pintura "Unha viaxe pola cor", de Leopoldo Varela

Exposicións
05/07/2021
05/29/2021
07/05/2021 - 29/05/2021

Exposición de pintura "Unha viaxe pola cor", de Leopoldo Varela

Poderá visitarse do 7 ao 29 de maio, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Esta exposición é froito da súa dedicación entusiasta e continua á pintura ao longo de máis de cincuenta anos. A súa atracción polas cores fíxolle pasar da acuarela ao óleo, a través do cal podía plasmar as paisaxes imaxinadas e luminosas que a realidade lle suxería. Introduciuse así no tratamento da luz tanto en contornas rurais como en mariños, e noutras temáticas, como bodegóns ou paisaxes urbanos cun estilo propio influenciado claramente polo impresionismo. Con esta mostra dispoñemos dunha visión de conxunto moi ampla da traxectoria artística dun pintor galego sempre fiel ao seu modo de entender a pintura.

Leopoldo Fernández Varela (Porriño, 1929-Vigo, 2007) iniciouse na pintura moi nova, e xa con 25 anos realizou a súa primeira exposición individual. Desde entón, e durante o resto da súa vida, dedicouse de maneira incansable á pintura, participando de maneira continuada en exposicións individuais e en colectivas de pintores galegos, tanto en diferentes cidades de Galicia como en Madrid.

Nos seus primeiros anos decantouse pola acuarela. Nos anos 60 e 70 participou nas Exposicións Rexionais de Arte e nas Bienales Nacionais, obtendo a Medalla de Prata na modalidade de acuarela na II Bienal celebrada en Pontevedra en 1972.

A partir de 1980 abandona paulatinamente a acuarela para centrarse no óleo. A súa temática preferida é a paisaxe de corte impresionista, aínda que tamén tratou temas urbanos, mariñas e bodegóns. A figura, tanto nas paisaxes da súa Galicia rural como en temáticas urbanas é só unha anécdota no cadro, onde os protagonistas son a luz das súas paisaxes galegas, a atmosfera e a cor. Progresivamente, irá condensando a materia, desaparecendo o debuxo de soporte, sendo o seu paisajismo máis abstractivo, e a súa pincelada máis expresionista, mostrando interese nos seus últimos anos exclusivamente pola materia, a luz e a cor.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS DESTACADAS

- Exposición antolóxica: “Leopoldo Varela, 50 anos de pintura”, Centro Cultural Caixanova, Vigo, 2004.

-Exposición na Casa da Parra, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2005.

-Exposición antolóxica: “Leopoldo Varela, Luz e Cor”, na Casa das Artes, Concello de Vigo, 2018.

 

07 Maio 2021
-
Exposicións
Imaxes