Exposición 'Entroidos tradicionais. Provincia de Ourense'
No mes de febreiro, os entroidos tradicionais da provincia de Ourense chegan á Casa de Galicia en Madrid. A sala Álvaro Cunqueiro acolle durante todo o mes unha exposición de fotografías, traxes e elementos tradicionais dos entroidos ourensáns. Unha mostra realizada a toda cor do que se pode vivir nas rúas das cidades no mes de febreiro e parte de marzo. Está organizada pola Casa de Galicia en Madrid en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico).
Estará aberta na sala Álvaro Cunqueiro ata o 28 de febreiro de 2025. Horario de visitas de luns a sábado de 10,00h. a 14,00h. e de 16,00h. a 20,00h. e os domingos e festivos de 10,00h. a 14,00h. Este horario pode sufrir modificacións a causa da actividade da Casa de Galicia.
Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo na porta principal da rúa Casado del Alisal.
Para más información: 91 595 42 00