ACTO EN MEMORIA DE ANDREA LÓPEZ CHAO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
03/10/2024
03/10/2024
10/03/2024

ACTO EN MEMORIA DE ANDREA LÓPEZ CHAO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez,  participou na homenaxe á mestra galega Andrea López Chao, emigrada a Cuba e impulsora do Hospital Fillas de Galicia da Habana. A homenaxe forma parte da conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento en Mondoñedo e do centenario da fundación do hospital. De feito, este acto intégrase nas XVII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. Estiveron entre outras Patricia Ares, bisneta da homenaxeada que incidiu no legado da súa bisavoa e María Xosé Porteiro que fixo fincapé nos inicios do feminismo galego e cubano. 

No acto interviñeron entre outros, Ildefonso da Campa, Director Xerente, en funcións, da S.A de Xestión do Plan Xacobeo; Valentín García Gómez, Secretario Xeral, en funcións, da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universiades; José Luís Fernández Ansedes, Presidente da FEGAC; Jacobo Pérez Paz, Presidente de ASO EQUUM; Jorge Martínez Cava, Presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago; e Alberto García, concelleiro do Concello de Mondoñedo.

Posteriormente tivo lugar a inauguración da exposición dedicada á figura de Andrea López Chao, composta por trinta paneis que repasan a biografía desta mindoniense emigrada a Cuba.

A exposición poderá visitarse na sala Camilo José cela, da Casa de Galicia en Madrid, até o próximo 29 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
 

 

10 Marzo 2024
Notas de prensa
Imaxes