CAMILO CELA CONDE, FILLO DO PREMIO NOBEL GALEGO, OFRECEU UNHA CONFERENCIA SOBRE O SEU PAI NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
06/23/2023
06/23/2023
23/06/2023

CAMILO CELA CONDE, FILLO DO PREMIO NOBEL GALEGO, OFRECEU UNHA CONFERENCIA SOBRE O SEU PAI NA CASA DE GALICIA

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, participou na charla-coloquio que leva por título: "Cela por Cela. El Cela viajero más desconocido".
Serrano afirmou, referíndose a Camilo Cela Conde, que “para a Casa de Galicia supón unha honra recibirte hoxe aquí e poder escoitar falar dunha persoa que é un imprescindible na historia da nosa literatura universal”. 
O director lembrou ao público asistente que precisamente, unha das  salas de  exposición da sede da Xunta en Madrid leva o nome de Camilo José Cela. Serrano rematou a súa intervención lendo parte do discurso que pronunciou o propio Cela coincidindo coa inauguración da Casa de Galicia en Madrid hai trinta anos.

No acto interveu tamén, o editor de Edicións 98, Jesús Blázquez, que destacou que Camilo José Cela é, baixo o seu criterio, “o mellor prosista da segunda metade do século XX”,  argumentando así a publicación das obras: “Balada de un Vagabundo sin suerte y otros apuntes de viaje” e “Páginas de geografía errabunda”, ao non entender, aclarou “como é posible que unha figura como a do premio Nobel galego, caia no esquecemento de forma tan inexplicable vinte anos despois da súa morte”. 

Interveu por último, Camilo Cela Conde, fillo de Camilo José Cela, que comezou lembrando ao público que abarrotaba a sala, a amizade entre o médico Mariano Moreno e o seu pai, e a relación do propio Cela coa poboación de Cebreros, que tivo moita importancia en termos vitais e literarios; vitais porque foi nesta localidade onde o escritor nado en Padrón, tentou pero non logrou, dar morte a tres xatos nunha feira taurina. Tivo en cambio maior éxito como escritor, e foi precisamente grazas a este incidente en Cebreros onde o seu pai escribiu un precioso conto: “O galego e a súa cuadrilla”. 

Cela fillo, argumentou que o seu pai gañara o premio Nobel de literatura por personaxes como Pascual Duarte “onde o que finalmente o único que queda a un home é a súa dignidade”. 

O fillo do escritor rematou a súa intervención agradecendo a Blázquez e á editorial o esforzo na tarefa de recuperar unha obra que quedara no esquecemento.
 

23 Xuño 2023
Notas de prensa
Imaxes