A CASA DE GALICIA ACOLLE UN EVENTO ENTRE O GRUPO NORTEMPO E AEGAMA PARA FALAR DE TALENTO SEN FRONTEIRAS

Notas de prensa
06/23/2023
06/23/2023
23/06/2023

A CASA DE GALICIA ACOLLE UN EVENTO ENTRE O GRUPO NORTEMPO E AEGAMA PARA FALAR DE TALENTO SEN FRONTEIRAS

 Juan Serrano, director da Casa de Galicia, participou no ciclo: Encontros con Talento, que a compañía de xestión integral de RRHH, Nortempo, ofreceu, en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos de Madrid, un evento sobre o talento global sen condicións de orixe, territorio ou cultura.

Incluíu unha mesa de debate que tivo como referente o talento como motor de cambio nas organizacións. Moderado polo director xeral de Transformación e Desenvolvemento de Grupo Nortempo, Guillermo Pérez, o coloquio contou coa visión experta do fundador e CEO de TRIVU, Pablo González Ruiz da Torre; a presidenta da Fundación ASTI, Verónica Pascual; e o CEO de Nukloo e TempoDriver, Diego Carbajosa.

Durante a mesa redonda déronse as claves para que as empresas dean resposta aos actuais desafíos do Talento, entre eles o emprego, o liderado, a formación integral e as habilidades técnicas e brandas de maneira transversal.

Participou tamén na xornada, Irene Villa, comunicadora e psicóloga, cuxo lema de cabeceira é “Saber que se pode”.

23 Xuño 2023
Notas de prensa
Imaxes