A CASA DE GALICIA ACOLLE UNA CONFERENCIA INFORMATIVA SOBRE XESTIÓN DE DATOS QUE ORGANIZOU AEGAMA

Notas de prensa
02/01/2023
02/01/2023
01/02/2023

A CASA DE GALICIA ACOLLE UNA CONFERENCIA INFORMATIVA SOBRE XESTIÓN DE DATOS QUE ORGANIZOU AEGAMA

Madrid, 1 de febreiro de 2023.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano deu a benvida a AEGAMA, co seu presidente Julio Lage á fronte, quen presentou a Jesús Echarri, fundador da empresa IMPROVING METRICS, una empresa galega dedicada á análise de datos e que xa conta cunha oficina na Coruña e en Madrid.

O fundador da empresa explicou ante medio centenar de asistentes a importancia de poder solicitar datos e interpretalos correctamente para facer medrar os negocios.

Entre outras tarefas que leva a cabo esta innovadora empresa destacan algúns como: 
- Organizar o ecosistema dixital e axudar a identificar o que una empresa necesita medir paira lograr os seus obxectivos.

- Integrar todas as ferramentas e estruturas de información (internas e externas, online e offline) mediante extracción con APIs e conectores para configurar informes unificados, completos e automatizados cun enfoque dirixido ás decisións de negocio.

- Axudar ás empresas a rendabilizar o seu investimento en mercadotecnia  e guiar aos seus usuarios polo camiño da conversión.

Xunto aos mencionados anteriormente, estiveron na mesa Carmen Rico, directora da área de crecemento de IMPROVING METRICS; Nuria Otero, responsable do equipo de analistas, e José Valiño, responsable de ABANCA.

01 Febreiro 2023
Notas de prensa
Imaxes