A Casa de Galicia celebra o Día das Letras Galegas coa presentación do libro "Contos da Beiramar", de Fernando F. Domonte

Notas de prensa
05/18/2022
05/18/2022
18/05/2022

A Casa de Galicia celebra o Día das Letras Galegas coa presentación do libro "Contos da Beiramar", de Fernando F. Domonte

Onte, martes, 17 de maio, tivo lugar, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a presentación do libro de Fernando Fernández Domonte, "Contos da Beiramar". O autor estivo acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, así como polo director da editorial Elvira, Xabier Romero, que comezou a presentación agradecendo o apoio á literatura galega por parte da Xunta de Galicia neste día tan sinalado para as letras galegas e destacando a capacidade do autor de contar anécdotas e relatos conseguindo, non só divertir ao lector, senón tamén ensinarlle todo un mundo descoñecido, relacionado cun sector tan complexo como é o que rodea ao mar, ao marisqueo e ás confrarías de pescadores.

Seguidamente tomou a palabra o autor, que contou a maneira en que xurdiu a súa decisión de escribir este libro, moi relacionado cos case 35 anos que estivo vinculado ao sector do mar como técnico da administración pública galega; e foi ao longo deste tempo que foi acumulando diferentes episodios pintorescos e anécdotas que lle serviron para relatar os contos que presenta ao lector dunha maneira amena. Con eles pretende reivindicar o traballo e a implicación de todos os traballadores públicos que se preocupan pola evolución deste sector, tanto persoal das confrarías como funcionarios, furtivos, taberneros ou xornalistas. 

Terminou a súa presentación lendo algúns fragmentos do seu libro e dando paso á conselleira do Mar, Rosa Quintana, que agradeceu ao autor a publicación deste libro, " que recolle experiencias de toda unha vida pegada ao mar, que condensa o saber, o querer e entender o mar que temos todos os galegos" e que resume os desgustos vividos nunha etapa crave na organización e evolución dun sector reivindicativo e dinámico, co fin de que non quede no esquecemento. 

 

 

18 Maio 2022
Notas de prensa
Imaxes