A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A GALICIA CALIDADE QUE BUSCA ABRIR NOVOS MERCADOS AO TECIDO EMPRESARIAL GALEGO

Notas de prensa
11/30/2022
11/30/2022
30/11/2022

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A GALICIA CALIDADE QUE BUSCA ABRIR NOVOS MERCADOS AO TECIDO EMPRESARIAL GALEGO

Madrid, 29 de novembro de 2022.- O director da Casa de Galicia, Juan Serrano acompañou onte ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que reivindicou esta onte en Madrid os valores da marca Galicia Calidade para abrir novos mercados ao tecido empresarial galego.

Conde participou no encontro Con selo Galicia, celebrado na Casa de Galicia e que contou coa participación dalgunhas das empresas máis representativas que levan este selo, pertencentes a sectores como a alimentación, o sector turístico, a xoiería, a planta ornamental ou a geotermia. En total, Galicia Calidade certifica máis de 750 produtos de preto de 150 compañías.

Segundo o vicepresidente económico, este encontro serve “para trasladar desde Madrid a importancia que ten Galicia Calidade e os produtos das marcas que utilizan este selo de garantía, que é unha forma de reivindicar como desde Galicia estamos a traballar en todos os sectores” e o “saber facer” da Comunidade en ámbitos como o agroalimentario, o industrial ou sector servizos.

O programa do encontro, no que participan diferentes prescritores, inclúe unha exposición de xoiería; dous charlas-coloquio, unha sobre turismo sustentable en Galicia e outra sobre industria con selo Galicia Calidade; ademais de diferentes degustacións e showcookings e un túnel de viños coa asistencia de 17 adegas que forman parte do selo Galicia Calidade.

30 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes