A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da primeira novela de Silvia Rodríguez Coladas, "Bosquesanto"

Notas de prensa
05/20/2022
05/20/2022
20/05/2022

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da primeira novela de Silvia Rodríguez Coladas, "Bosquesanto"

Cunha gran asistencia de público, tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid a presentación e firma da primeira novela negra e de humor de Silvia Rodríguez Coladas, "Bosquesanto", publicada pola editorial Fanes. 

O acto foi moderado pola xornalista María de Meer, que se encargou de presentar á escritora e codirectora do xardín botánico de Excelencia Internacional do Pazo de la Saleta, Silvia Rodríguez Coladas; á xornalista e directora de "Getafe Negro", Maica Rivera; e ao psicólogo, divulgador e podcaster de "Entiende tu mente", Luis Muiño.

Durante a presentación estableceuse un diálogo entre eles comentando os aspectos máis relevantes e significativos da novela, destacando o seu carácter costumista impregnado dun sarcástico sentido do humor que nos introduce no rural, coas súas particulares tradicións e estilo de vida, e se interna na cabeza dun homicida cargado de reivindicacións. Un personaxe protagonista, cunha ética psicopática, que cre estar en posesión da verdade absoluta, e que se guía no seu comportamento por unhas reglas éticas moi claras, que vai impartindo sen facer excepcións.

A autora destacou o carácter cinematográfico da novela, con pasaxes moi visuais, cun ritmo moi rápido e dinámico que engancha desde un primeiro momento. E tamén subliñou a linguaxe natural, espontánea e directa en que está escrita a novela, que busca a complicidade do lector. 

O acto terminou coa firma da novela por parte da autora ao numeroso público asistente.

20 Maio 2022
Notas de prensa
Imaxes