A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A PRESENTACIÓN DO XEODESTINO RIBEIRO-O CARBALLIÑO DESTINADA A XORNALISTAS ESPECIALIZADOS EN TURISMO E GASTRONOMÍA

Notas de prensa
11/23/2022
11/23/2022
23/11/2022

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A PRESENTACIÓN DO XEODESTINO RIBEIRO-O CARBALLIÑO DESTINADA A XORNALISTAS ESPECIALIZADOS EN TURISMO E GASTRONOMÍA

Madrid, 22 de novembro de 2022.- O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano deu a benvida á presentación do Xeodestino Turístico Ribeiro-O Carballiño, do que forman parte practícaa totalidade dos concellos de ambas as  comarcas.

O Xeodestino organizou este ano para xornalistas especializados en turismo e gastronomía un atopo na casa de Galicia que contou coa presenza de alcaldesas como Noelia Rodríguez Traveso, alcaldesa de Ribadavia; Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás, e alcaldes, entre eles o presidente do Xeodestino Ribeiro-O Carballiño, Franscisco José Fernández, asi como o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández. En representación do concello do Carballiño desprazouse a Madrid o concelleiro de turismo, Manolo Dacal.

 

23 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes