A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE UN CONCERTO PICTÓRICO

Notas de prensa
03/20/2024
03/20/2024
20/03/2024

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE UN CONCERTO PICTÓRICO

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto de guitarra clásica e intervención pictórica, "IMPRESIÓNS DUN PEREGRINO" ofrecido por Carlos Rosaleny Valls, Conservatorio Profesional de Música de Valencia; e Rafael J. Ambel, profesor e doutor en Belas Artes.

Este novo acto consistiu en que, mentres Rosaleny Valls interpretaba dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago", os pinceis de Rafael J. Ambel trazaban formas pictóricas en función do que lle suxería a música,  xurdindo así,  un diálogo entre ambos.
 

20 Marzo 2024
Notas de prensa