A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA FUNDACIÓN VAC-AN, DEDICADA Á OBRA DO LUCENSE VÁZQUEZ CEREIJO

Notas de prensa
02/02/2024
02/02/2024
02/02/2024

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA FUNDACIÓN VAC-AN, DEDICADA Á OBRA DO LUCENSE VÁZQUEZ CEREIJO

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid participou na presentación da fundación VAC-AN, presidida pola  viúva do artista, Anne Nikitik. O proxecto percorre a traxectoria do artista lucense, sobriño de Pimentel, que legou á súa morte unha "infinidade de obras e moitos tesouros" . 

José Vázquez Cereijo (1940-2016) foi un pintor, gravador, poeta e coleccionista lucense. 
Coa intención de manter vivo todo o seu legado, do que o artista a fixo responsable, Nikitik fai realidade esta fundación. 

Sobre a figura do Vázquez Cereijo falaron outros artistas como Menchu Lamas, Miguel Villarino, Andrés Trapiello e Juan Manuel Bonet, coñecedores da súa obra, e amigos persoais do artista. Todos eles coincidiron na necesidade de   manter viva a memoria do pintor a través dunha fundación que sirva para expor as súas obras e difundir o legado dun dos artistas máis lembrados do Lugo do século pasado.

02 Febreiro 2024
Notas de prensa
Imaxes