A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA SÚA I FESTA DO BOTELO EN MADRID

Notas de prensa
03/10/2024
03/10/2024
10/03/2024

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA SÚA I FESTA DO BOTELO EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou  no evento dirixido a xornalistas especializados en gastronomía e restauradores madrileños que tivo como protagonista ao botelo.

No Barco de Valdeorras e arredores, o botelo tradicional é o estómago do porco recheo de costela adobada, e afumado durante uns 15 días, para despois comelo cocido e acompañado de patacas, repolo e algún chourizo.

Ademais da xornada gastronómica, serviuse un cóctel que deu a coñecer as posibilidades culinarias do botelo. A D.O Valdeorras organizou un túnel dos viños que dirixiu o enólogo Luís Paadín.
      
O acto contou coa presenza do alcalde da localidade, Alfredo García e con José  Luís Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agaca

10 Marzo 2024
Notas de prensa
Imaxes